Benidorm fest


Que pasou nas votacións do Benidorm fest? tratarei de explicar ,dende o meu punto de vista, o que pasou.

España antes da gala do Benidorm fest estaba moi emocionada debido á proposta de Tanxugueiras,un trío de pandereiteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro,coa súa canción Terra. Pero tamén pola proposta de Rigoberta Bandini,unha cantante e actriz de doblaxe español,que presentou a súa canción Ay mamá o cal é un tema feminista que escribiu en honor ás nais.

Pero tamén se presentaron outros 12 integrantes:

  • Rayden
  • Varry Brava
  • Chanel
  • Xeinn
  • Gonzalo Hermida
  • Blanca Paloma
  • Sara Deop
  • Marta Sango
  • Azúcar moreno
  • Javiera Mena
  • Unique
  • Luna ki (retirada)

Mais sólo asistiron á final do festival Rayden, Blanca Paloma,Tanxugueiras, Chanel, Riboberta Bandini e Varry Brava.

Pero eu veño para falar das votacións da final, cando os participantes do festival terminaron as súas  actuaións todo se preparou para que o país votara e como era de esperarse, por parte do público e do xurado demoscópico ,as claras gañadoras foron Tanxugueiras con case un 71% dos votos e despois delas estaba Rigoberta co 18%, que se o dicimos dista forma parece máis ben pouco, pero se o comparamos coa terceira posición que foi Chanel co 3% dos votos, notamos a diferencia.

Dise que os xurados querían que gañase Channel a toda costa, xa que moitas das súas accións ao votar o poden amosar dun xeito claro:

Como Tanxugueiras e Rigoberta foron as claras favoritas e obtiveron moitos votos, o xurado profesional votounas estratexicamente para  que non alcanzaran o primeiro posto. 
Esto pode demostrarse debido ás diferencias dos votos. Channel necesitaba 21 puntos máis que Tanxugueiras para gañar e isa foi a diferencia entre o total dos seus votos.
Deixaron ás galegas de quintas para equilibrar a votación, e deste modo Channel obtería o primeiro lugar.

Ao mellor non sabedes isto, pero o xurado profesional está formado por dúas persoas estranxeiras e tres de España, e como un presentador comentou nunha entrevista, Tanxugueiras foron as mellores para o xurado profesional estranxeiro, o que nos fai pensar que os votos do xurado profesional nacional cara Tanxugueiras, foron os máis baixos de todo o festival





Aroa F.G  (6º C).



















Comentarios

Entradas populares