O Fenómeno de LEGO


Lego é un fenómeno que atrapa a milleiros de persoas cada ano, pero que máis sabemos del ? Cando se fundou a empresa ? De onde vén a idea ? Cantos anos leva en activo ? ...Todo isto e  máis,  neste artigo.

Lego é unha empresa de xoguetes danesa que xurdiu dunha idea dun carpinteiro, o cal se lle ocurriu fabricar un xoguete que se podera montar entre si. A empresa foi fundada en Billund, unha pequena localidade do  centro de Dinamarca. O seu fundador é Ole Kirk Christiansen . A empresa, agora multinacional , sigue pertencendo á familia Christiansen nun 80 % .

Deseño

O deseño das pezas pode ser máis grande ou máis pequeno, xa que hai milleiros de pezas diferentes. Como curiosidade as pezas do Lego de 1958 pódense seguir usando cas de hoxe en día, xa que encaixarían perfectamente. 

As pezas de Lego máis famosas son  :


- Step ou Raund Plate
- 1 X 1 Plate
- 4 X 2 Brick ou Plate
- 2 X 2 Brick 
- 1 X 2 Plate


Videoxogos

A franquicia de Lego ten tamén unha serie de videoxogos de construcción e aventuras. A maioría dos videoxogos de Lego son de Disney , Disney Pixar e Marvel. Nestes momentos están en desenvolvemento dous videoxogos, un de Star Wars e outro de Marvel.

 

Series

Lego conta cun alto número de colaboracións. As máis recientes son Adidas e Levis, que fixeron roupa con cousas Lego coma un bloque ou unha figura. Tamén hai un tipo de colaboracións polos dereitos dos monecos Disney ou de Star Wars para facer Legos Disney.




Lego Technic

Os Lego Technic son legos cunha mobilidade maior  e que teñen a posibilidade de motorizarse.
Polo xeral soen ser coches, motos ou maquinaria de construcción( grúas, apisonadora...)
A motorización e tecnoloxía con motores permite que os Legos sexan con mando a distancia ou que funcionen cun mecanismo.

Edicions Especiais

Lego ten unha serie de edicións especiais. En España hai edicións coma a do Santiago Bernabeu ( O estadio de fútbol do Real Madrid ) ou os Brick Headz, da Selección Española.


Lego Mindstorms

É unha marca de robótica feita a partir de pezas de Lego. A primeira vez que se comercializaron foi en setembro de 1998. Nestes momentos hai  moitos "fan art" feitos por seguidores de Lego. Están elaborados a partir de pezas dos orixinais, pero cunha creatividade que non alberga límites. 




CURIOSIDADES

- O primeiro xoguete de Lego foi un pato e estaba feito de pezas de madeira.


- Lego tamén  vende puzzles, mochilas e ata roupa grazas ás colaboracions con Ravensburgger, Adidas, Levis ...
- Existe un programa de concurso sobre estes bloques de plástico chamado Lego Masters, no que compiten oito parellas de constructores por 50.000 Euros. En cada programa elimínase a parella que peor fixo a ronda plantexada. En cada ronda dan un número de cousas que a túa construcción ten que ter como motorizacións ou ter un número de bloques determinados para lograr o ordenado. En cada ronda hai diferentes tempos.
-Lego tamén fai construccions relacionadas con temas  sociais ,como o Lego de Todo o Mundo é Fabuloso.
-Por último gustaríame mencionar a nova colaboración de Lego con Epic Games, unha desarrolladora de videoxogos. Xuntáronse  para formar un metaverso de xogo seguro para os nenos.




                                                                                                Mateo Rodríguez Fernández (6º A)









  










Comentarios

Entradas populares